Interinos/substitutos - apertura de prazo para acotar provincia e/ou concello


15 Xun, 2023

WEB - Apertura do prazo para realizar as solicitudes de prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos.

(SO PARA SUBSTITUCIÓNS que se produzan a partires do 1 de setembro para o curso 23/24. Este procedemento é independente do CADP que son para cobertura de vacantes por todo o curso)

>> Desde o día 15 de xuño ao 17 de xullo de 2023, ambos incluídos, o persoal interino e substituto poderá solicitar prestar servizos en determinadas provincias ou concellos de conformidade co establecido nos artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais na aplicación de substitutos:

>> LIGAZÓN para facelo.

>> Artigo 33. Petición de prestar servizos nunha ou en varias provincias
O persoal docente interino e substituto para o caso de que non obteña praza na adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como persoal docente interino ou substituto nunha ou en varias provincias, sen perda da orde da lista, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura das substitucións, na páxina www.edu.xunta.es/substitutos... A solicitude terá efectos durante todo o curso académico. O que non efectúe opción enténdese que desexa prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.

>> Artigo 34. Petición de prestar servizos en determinados concellos (so se ten unha das causas recollidas no acordo de interinos)
O persoal docente a que fai referencia o punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións en concellos determinados. A opción deberá efectuarse na páxina www.edu.xunta.es/substitutos e a solicitude xunto coa documentación xustificativa deberá presentarse por sede electrónica. Será obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente. Esta opción será por todo o curso académico.