Concurso de méritos para direccións de CFRs e asesorías do CAFI


02 Xun, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

>> O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

>> ORDE pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

>> As persoas que desexen participar no concurso deberán cubrir a solicitude a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e presentala, xunto coa documentación a que fai referencia o artigo 5 da orde de convocatoria.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, podes contactar con nóshttps://anpegalicia.es/sedes-anpe