Concurso de méritos estabilización - RESUMO reunión en Consellería


29 Mai, 2023

WEB - RESUMO da reunión informativa sobre o CONCURSO DE MÉRITOS ESTABILIZACIÓN.

>> O Estado publicará hoxe a resolución provisional de adxudicación do concurso de méritos de estabilización das administracións educativas do pacto do Estado e Galicia publicará tamén hoxe a súa resolución definitiva.

>> Se algún dos aspirantes resulta tamén seleccionado en resolución ditada nos mesmos prazos nunha comunidade distinta ás do acordo do Estado terá tamén que presentar, no prazo de 5 días hábiles, un escrito de aceptación ou renuncia da praza obtida no ámbito do acordo do Estado. No caso de que non presente dito escrito o Estado entende que renuncia á praza no seu ámbito.

Unha vez publicada deberán presentar renuncia en Galicia se queren unha praza obtida (mediante resolución provisional ou definitiva) noutra administración educativa do Estado. Os que desexen quedarse coa praza de Galicia non terán que facer nada.