Listas substitucións - resolución definitiva Francés Mestres


04 Mai, 2023

WEB - Publicación da resolución definitiva, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en Lingua estranxeira francés do corpo de mestres.

>> Baremo definitivo

>> Relación definitiva de persoas excluídas

>> Listas de substitucións

>> Resolución do 4 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en Lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033) (código de procedemento ED003A).

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED003A.