Taller enliña gratuito - os conceptos básicos sobre CODIFICACIÓN nas etapas educativas


11 Mai, 2023

WEB - ANPE E CODE.org aliáronse para fomentar a programación e o pensamento computacional na aula.

>> Coa "Hora do Código" comezan unha serie de actividades que teñen como obxectivo facilitar o acceso de docentes e alumnado a esta materia tan importante no presente e no futuro.

>> O vindeiro 16 de maio de 2023, ás 19:00 horas poderás aprender os conceptos e habilidades máis básicos para empezar a implementar a codificación na túa aula.

Se queres participar na Hora do Código organizada en colaboración entre ANPE e CODE.org, por favor cumprimenta a seguinte  LIGAZÓN  e nos vindeiros días, enviarémosche unhas instrucións e a ligazón ao evento. Reserva xa a túa praza!