“13.6 Imposibilidade de ingresar por máis dunha especialidade no mesmo corpo.
De acordo coa publicación da listaxe provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, aquelas persoas aspirantes que acaden a puntuación para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo deberán optar por ingresar nunha delas no prazo de tres (3) días hábiles computados a partir da publicación provisional das persoas que ingresan. De non facer opción entenderase que acceden pola última especialidade na que prestaron servizos, cando sexa o caso, e, na súa falta, pola especialidade con menor código de identificación.”
“13.7. Publicación definitiva da lista de persoas propostas que superan o procedemento selectivo.
Rematado o prazo de renuncias previsto na subepígrafe anterior, a Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) a relación definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, por corpos e especialidades e reservas.
A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade á realización da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dará lugar a que se declare aprobada a persoa que lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base. En ningún caso se declarará aprobada unha persoa que xa teña esa condición noutra especialidade do mesmo corpo.