Concurso de méritos estabilización - modificación da orde


15 Mai, 2023

DOG - Orde do 9 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).

“13.6 Imposibilidade de ingresar por máis dunha especialidade no mesmo corpo.

De acordo coa publicación da listaxe provisional de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, aquelas persoas aspirantes que acaden a puntuación para ingresar por máis dunha especialidade do mesmo corpo deberán optar por ingresar nunha delas no prazo de tres (3) días hábiles computados a partir da publicación provisional das persoas que ingresan. De non facer opción entenderase que acceden pola última especialidade na que prestaron servizos, cando sexa o caso, e, na súa falta, pola especialidade con menor código de identificación.”

“13.7. Publicación definitiva da lista de persoas propostas que superan o procedemento selectivo.

Rematado o prazo de renuncias previsto na subepígrafe anterior, a Comisión de Selección publicará na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (www.edu.xunta.gal) a relación definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, por corpos e especialidades e reservas.
A renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade á realización da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dará lugar a que se declare aprobada a persoa que lle corresponda conforme os criterios establecidos nesta base. En ningún caso se declarará aprobada unha persoa que xa teña esa condición noutra especialidade do mesmo corpo.