Relación definitiva de admitidos nas listas de PES e PTFP


03 Mai, 2023

WEBRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de FP (591).

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.

>> Resolución definitiva do 28 de abril de 2023 coa explicación do procedemento.

>> Baremo definitivo especialidades corpo 590: Francés, Informática,Sistemas electrónicos, Sistemas electrotécnicos e automáticos 

>> Baremo definitivo especialidades corpo 591: Equipos electrónicos, Instalacións electrotécnicas, Sistemas e aplicacións informáticas, Soldadura 

>> Listaxe definitiva de persoas excluídas corpo 590 e 591