Acceso e admisión nas ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño


02 Mai, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24.

15/06/23 - Resolución do 14 de xuño de 2023 de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño no curso 23/24

>> O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato, comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 12 de xuño.

A inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as que solicitan exención de probas comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 22 de xuño.

>> Para a formalización das solicitudes de acceso e admisión, as escolas de arte e superiores de Deseño que impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para tal efecto ou o acceso á aplicación informática CodexPro na que facer a inscrición.