Nota informativa sobre a publicación das puntuacións provisorias do baremo do concurso de méritos no que atinxe á ordenación das persoas aspirantes no caso de empate no baremo outorgado: Con relación á publicación das puntuacións provisorias do baremo..., cómpre sinalar que no caso de empate no que respecta ao baremo outorgado non se reflicten os criterios de desempate que se establecen na base 13.3 da orde de convocatoria, senon, que se aplica a orde alfabética das persoas aspirantes. Con todo, a resolución dos empates, de ser o caso, resolverase aplicando os criterios establecidos na citada orde de acordo coa puntuación outorgada e, en último termo, o tempo de servizos prestados na especialidade (computados en anos, meses e días) e será reflectida na publicación das puntuacións definitivas do baremo.
>> Prazo de reclamacións do 26 de abril ao 10 de maio.
- Baremo provisorio. Corpo 590
- Baremo provisorio. Corpo 592
- Baremo provisorio. Corpo 593
- Baremo provisorio. Corpo 594
- Baremo provisorio. Corpo 595
- Baremo provisorio. Corpo 596
- Baremo provisorio. Corpo 597
- Baremo provisorio. Corpo 598
>> Presentarase unha única reclamación por cada especialidade na que se desexe reclamar acompañada do modelo normalizado de reclamación: >> Modelo de reclamación normalizado
>> No caso de que se presenten varias reclamacións a distintas especialidades abondará con achegar unha soa vez a documentación xustificativa.
>> Para os efectos de formular a correspondente reclamación contra a puntuación provisional outorgada deberá procederse do seguinte xeito:
Nota: Cómpre revisar previamente e detidamente:
a) as puntuacións provisorias outorgadas que se reflicten no anexo integrante da resolución pola que se aproba e publica a baremación provisional no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/
b) así como o documento que recompila a casuística da non baremación: >> Documento informativo recompilatorio de casuísticas de non baremación
(código de procedemento ED001B)