>> O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato, poderán presentar solicitude ata o 26 de xuño, incluído.
>> Con carácter xeral, as solicitudes formalizaranse de xeito telemático no formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ ou na secretaría da Escola Superior de Arte Dramático.
>> A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
>> As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática darán comezo o día 3 de xullo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
>> As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 18 e 21 de xullo, ambos os dous incluídos.