>> O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 22 de maio, ambos os dous incluídos.
>> As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharel poderán presentar solicitude ata o día 26 de xuño.
>> Con carácter xeral, as solicitudes formalizaranse de xeito telemático no formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ ou na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
>> A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
>> A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais desenvolverase o día 4 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
>> As persoas aspirantes que obteñan praza na adxudicación do 17 de xullo deberán formalizar a súa matrícula entre os días 18 e 21 de xullo, ambos os dous incluídos.