Acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores de Música


20 Abr, 2023

DOGRESOLUCIÓN do 4 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2023/24.

>> O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

 >> Con carácter xeral, as solicitudes formalizaranse de xeito telemático no formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ ou nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia.

>> A proba para as persoas aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 30 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

>> As probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música darán comezo o día 12 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.

A listaxe provisisonal exporase no taboleiro de anuncios de cada conservatorio superior de música de Galicia o día 24 de maio, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Reclamacións 25 e 26 de maio.

A listaxe definitiva o 29 de maio.

>> As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 26 e 30 de xuño, ambos os dous incluídos.