WEB - CORRECCIÓN DE ERROS. ORDE do 5 de decembro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A).
>> CORRECCIÓN DE ERROS.
- Na páxina 38, Base 12.1: Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas 5 Temas.
- Na páxina 33, Base 10.3.1: e á primeira parte da proba (parte A) e, se é o caso, o exercicio práctico B.2 da fase de oposición, con cinco días hábiles de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos podendo realizarse a parte A e o exercicio práctico B.2 da proba no mesmo día.
- Na páxina 41, Base 12.1, B2): O exercicio de carácter práctico realizarase a continuación da Parte A da proba nos termos establecidos na base 10.3.1. desta convocatoria pública.Unha vez realizado o exercicio de carácter práctico, de ser o caso, procederase a súa lectura no día e hora no que o persoal aspirante sexa citado polo tribunal para realizar a preparación, presentación e exposición, e defensa da unidade didáctica”