Pódense facer alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.
A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Alegacións” da instancia de matrícula na especialidade correspondente que lle permita á incorporación á lista de Orientación.
B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Neste caso, o formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 13 DE MARZO DE 2023 (ORIENTACIÓN MESTRES)
DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
As listaxes de persoas admitidas poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/