WEB - ANPE Galicia esixe a equiparación salarial de todo o profesorado afectado pola proceso de integración do profesorado de FP ante o anuncio do Presidente da Xunta tras o Consello de Goberno.
A Xunta de Galicia creará un complemento salarial compensatorio de 146,93 € mensuais para 665 profesores do antigo corpo de PTFP que non poden integrarse no corpo de Profesores de Ensino Secundario. (Preme AQUÍ para consultar o informe do Consello de Goberno da Xunta de Galicia. Páxs 22 e 23)
Consideramos un avance a decisión tomada pola Xunta de Galicia e anunciada no día de hoxe polo Presidente tras o consello de goberno, pero que segue a ser insuficente ao non contemplar a todo o profesorado afectado polo proceso de integración do antigo corpo de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario e deixar fóra a certos colectivos como poden ser os funcionarios en prácticas, o profesorado xubilado e o profesorado interino. ANPE Galicia esixe a equiparación salarial de TODOS OS AFECTADOS.
Podes consultar as reinvidicacións de ANPE Galicia respecto a esta cuestión para os distintos colectivos na seguinte imaxe:
>> LEXISLACIÓN DE REFERENCIA:
Borrador Real Decreto de Ordenación da Formación Profesional