Relación definitiva de admitidos e excluidos en especialidades de PES e PTFP


28 Feb, 2023

WEB - Resolución do 27 de febreiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional (591),(código de procedemento ED003A).

 >> PES - 590015 Portugués, 590109 Navegación e instalacións mariñas, 590111 Organización e  Procesos de Mantemento de Vehículos, 590112 Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica.

 >> Corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional - 591204 Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble, 591205 Instalación e Mantemento de Equipamentos Térmicos e de Fluídos, 591209 Mantemento de Vehículos, 591210 Máquinas, Servizos e Produción.

>> Resolución definitiva do 27 de febreiro de 2023

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.

>> Listaxe definitiva de persoas excluídas

>> Baremo definitivo especialidades corpo 590

>> Baremo definitivo especialidades corpo 591

>> LIGAZÓN ás listas de substitución