Convocatoria do proxecto E-dixgal


28 Feb, 2023

WEB - Resolución do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2023/24.

O prazo de presentacion de solicitudes será desde o 1 de marzo ata o 1 de abril, incluídos.

>> Convocatoria E-Dixgal 23/24

O profesorado que participe activa e regularmente no proxecto a través do Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), e despois de ter sido sometido a valoración, recibirá unha certificación como actividade de innovación educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado. No caso da persoa coordinadora do proxecto E-Dixgal esta certificación terá unha equivalencia de 50 horas.

 

Dende ANPE seguimos a reclamar, formación e inversión material e de persoal. Demasiados plans, proxectos e programas para tan pouco persoal!