Libros de cualificacións das ensinanzas profesionais


14 Feb, 2023

WEB Instrución 1/2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, relativa aos libros de cualificacións das ensinanzas profesionais de música e de danza

Publicado o Real decreto 628/2022, do 26 de xullo, polo que se modifican varios reais decretos para a aplicación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ás ensinanzas artísticas e as ensinanzas deportivas, e a adecuación de determinados aspectos da ordenación xeral das devanditas ensinanzas.

Os libros de cualificacións das ensinanzas profesionais de música e de danza terán os efectos de acreditación establecidos na lexislación vixente ata a finalización do curso 2021/22. Unha vez entregados os libros correspondentes ao alumnado que finalizou os seus estudos no curso 2021/22 pecharanse os restantes libros de cualificacións facendo constar na páxina “observacións” a seguinte dilixencia:

Dilixencia para facer constar que de acordo co Real decreto 628/2022, do 26 de xullo, polo que se modifican varios reais decretos para a aplicación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ás ensinanzas artísticas e as ensinanzas deportivas, e a adecuación de determinados aspectos da ordenación xeral das devanditas ensinanzas, ao finalizar o curso 2021/2022 queda pechado o presente libro inutilizado desde a páxina _____ata o final do mesmo.

Cando a apertura do expediente académico persoal supoña a continuación do anterior libro de cualificacións das ensinanzas profesionais de música e de danza, indicarase a serie e o número deste no devandito expediente académico.

Os documentos oficiais de avaliación estarán dispoñibles, de ser o caso, a través dos medios informáticos establecidos para tal efecto.