Probas para a obtención do bacharel para maiores de vinte anos


14 Feb, 2023

DOG RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse de xeito presencial en soporte papel, conforme o modelo que figura no anexo I da presente resolución, nos centros educativos sinalados no punto 4 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 28 de abril de 2023 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.