Axudas para formación en lingua estranxeira de alumnos bacharelato


13 Feb, 2023

DOG ORDE do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Poderá solicitar a participación nesta convocatoria, mediante confirmación a través de https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria de 2022, seguindo os criterios de selección e ata o máximo das prazas ofertadas establecidas na Orde do 11 de xaneiro de 2022, das axudas correspondentes á realización das actividades de formación en linguas estranxeiras previstas e non realizadas no ano 2022 (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal).

>> O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes.

>> Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia...

>> As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal