Concurso de méritos para estabilización - proba de língua galega


27 Xan, 2023

WEB - Resolución do 26 de xaneiro de 2023 pola que se fai público o día e a hora de realización da proba de lingua galega e o día e a hora de realización do sorteo público para a designación dos/as vogais dos tribunais de valoración da proba de lingua galega nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos diferentes corpos. (código de procedemento ED001B).

Primeiro. Facer público o día e hora de realización da proba de coñecemento de lingua galega que terá lugar o día 28 de febreiro de 2023, ás 18.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo 5, Santiago de Compostela).


Segundo. Facer público, no enderezo web www.edu.xunta.gal, o día e hora de realización do sorteo público para a designación dos/as vogais que integrarán os tribunais de valoración da proba de coñecemento de lingua galega que terá lugar o día de 2 de febreiro de 2023, ás 9.00 horas, na Sala de Xuntas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.