Nomear funcionario de carreira do Corpo de Catedráticos de Ensino Secundario, especialidade Administración de Empresas, a don José Antonio Fernández García, con Documento Nacional de Identidade ****2887, Número de Rexistro de Persoal ****288757 A0511 e unha puntuación global de 8,9650 puntos.
Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ou ben poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade co disposto nos artigos 11 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa.