XUBILACIÓNS 2023 - Clases Pasivas e Seguridade Social


13 Xan, 2023

WEB - De conformidade co Real Decreto 1058/2022, do 27 de decembro, sobre revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social, das pensións de Clases Pasivas e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio 2023, desde o pasado 1 de xaneiro de 2023, as pensións contributivas aumentaron a súa contía nun 8,5%.

 O importe da pensión, unha vez revalorizada, estará limitado á cantidade de 42.823,34 euros anuais, abonados en 14 pagas (3.058,81 euros ao mes).

** CLASES PASIVAS - Taboa de pensións

** SEGURIDADE SOCIAL - Desde o ano 2013, de acordo con a Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social, vén incrementando ano tras ano, ata o 2027, a idade de xubilación ordinaria e o número de anos cotizados requiridos para acceder ao 100% da pensión.

No 2023 a idade legal de xubilación atrásase ata os 66 anos e 4 meses cando se cotizaran menos de 37 anos e 9 meses. Se se acreditan 37 anos e 9 meses é posible xubilarse con 65 anos. Para ter dereito a cobrar o 100% da base reguladora como importe da pensión requírese ter cotizados un número mínimo de anos, que tamén se veñen incrementando durante o período transitorio de 2013 a 2027. No ano 2023 será necesario contar con 36 anos e 6 meses ou máis cotizados para ter dereito ao 100%

>> Para acceder a unha información máis completa sobre XUBILACIÓN, preme nesta LIGAZÓN