Seguridade Social - aumento temporal da cotización


11 Xan, 2023

WEB - Aumento temporal da cotización á Seguridade Social ata 2032 coa achega do traballador nun 0,1 % e da empresa nun 0´5%

O 1 de xaneiro comezou a aplicarse o primeiro compoñente do Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI), regulado na disposición final cuarta da Lei 21/2021, do 28 de decembro, de garantía do poder adquisitivo das pensións e doutras medidas de reforzo da sustentabilidade financieira e social do sistema público de pensións, co fin de preservar o equilibrio entre xeracións e garantir dita sustantibilidade.

O MEI ten dos compoñentes

- O primeiro consiste na reactivación do Fondo de Reserva da Seguridade Social mediante unha cotización adicional entre 2023 e 2032. A achega será de 0,6 puntos porcentuais, repartido entre a empresa e o traballador, 0,5 % achegarao a primeira e o 0,1 % lle será detraído da súa nómina ao traballador. Isto supón a diminución do 0,1 % do seu salario neto a percibir.  Toda esta recaudación destinarase exclusivamente a incrementar o Fondo de Reserva, “a arca das pensións”.

- O segundo compoñente poñerase en marcha a partir do ano 2032. Desde ese momento analizarase a evolución que se prevé do gasto en pensións en 2050 (momento no que haberá que pagar o número máximo de pensións das próximas décadas, para despois decrecer) e se dito gasto supera as previsións iniciais. Decidirase entón, si é necesario utilizar o Fondo de reserva para evitar futuros recortes e se hai que adoptar outras medidas adicionais.