As persoas participantes con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
>> Resolución provisional do 14 de decembro de 2022
>> Anexo I Relación provisional de persoas excluídas
As que presentaran a solicitude polo procedemento ED001A elexirán a opción “Alegacións” da instancia de matrícula na especialidade correspondente e as restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Neste caso, o formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 14 DE DECEMBRO DE 2022 e especificar a especialidade que reclama
- No campo DESTINATARIO: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.