WEB - Resolución do 28 de novembro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de informática (590107), Organización e proxectos de sistemas enerxéticos (590113), Procesos e produtos de téxtil, confeccion e pel (590120), Sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario (590), así como das especialidades de Equipos electrónicos (591202), Instalacións electrotécnicas (591206) e Sistemas e aplicacións informáticas (591227) do corpo de profesorado técnico de formación profesional (591).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 1 de decembro ata o venres día 9 de decembro, ambos incluídos.
1º. Obrigatoriamente pola sede electrónica a través da seguinte LIGAZÓN ED003A
2º. Premer na icona “Tramitar en liña” e seguir os pasos: cubrir datos, anexar a documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º. Anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con nós polas canles a túa disposición.