WEB - ANPE GALICIA - O DEFENSOR DO PROFESOR
Esta mañá ANPE Galicia presentou os resultados do Informe 2021-2022 do servizo do Defensor do Profesor facendo especial fincapé na situación da saúde mental do alumnado e do profesorado. LER NOTA DE PRENSA
O Defensor do Profesor é un servizo de atención inmediata e gratuíta para docentes vítimas de situación de conflitividade e violencia nas aulas, posto en marcha por ANPE en Galicia o 24 de abril de 2006, como primeira medida de apoio ante a indefensión do profesorado e como chamada de atención sobre o problema da violencia escolar. É un servizo aberto a todo o profesorado sen distincións e operativo en todas as comunidades autónomas, para favorecer a atención personalizada a todos os docentes e que xa leva atendido, desde a posta en marcha do servizo a máis de 2.400 docentes na nosa Comunidade.
- ANPE foi o primeiro sindicato que alertou da necesidade de fomentar a convivencia e boas prácticas en redes sociais como mecanismo preventivo do ciberacoso, tanto entre iguais como cara ao profesorado. Neste sentido, puxemos en marcha varias campañas e decálogos sobre convivencia e o bo uso do móbil e as redes sociais en centros educativos, dirixidas fundamentalmente ao alumnado de ESO, FP e Bacharelato, así como sobre o bo uso dos grupos de WhatsApp das familias usuarias do servizo educativo.
- O primeiro sindicato que esixiu en solitario a consideración de autoridade pública para o profesorado no exercicio da súa función, sendo inicialmente criticados por quen dubidaba da nosa proposta, por dotar aos docentes dunha protección legal en principio reservada aos corpos de seguridade do Estado. Resulta agora dificilmente comprensible que xurdan propostas que atribúen ás docentes responsabilidades, relacionadas coa actividade dos seus alumnos na internet, que exceden as funcións propias do seu traballo na aula.
EU TAMÉN SON DEFENSOR DO PROFESOR!