1. Suprimir as ensinanzas de bacharelato no IES Plurilingüe Castro da Uz, código 15021767, do concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
2. Autorizar a vía de Música e Artes Escénicas da modalidade de Artes, no IES O Carril, código 36018380, do concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potesativo de reposición ante esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas) ou recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data de publicación (artigos 8, 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa)