1. As prazas no anexo III desta orde e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo IV.
2. Poderán participar o persoal funcionario de carreira e o persoal funcionario en prácticas.
3. Mestres con algunha destas titulacións: Pedagoxía ou en Psicoloxía, doutoramento ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidade de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidade de Pedagoxía ou Psicoloxía) ou que fose diplomado nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.
PRAZO de 15 días hábiles ( do 22 de novembro ao 14 de decembro)
- Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico salvo que haxa que actualizar o expediente académico que entón haberá que abrir unha INSTANCIA na aplicación de datospersoais para aportalos e que poidan ser baremados.
- Publicada a resolución provisional haberá 10 días hábiles para renuncias ou reclamacións.
- Poderase presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.
- O que estea participando simultaneamente no CXT xeral e obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.