Incorporación de alumnado con NEE ás ensinanzas elementais no CMUS Coruña


09 Nov, 2022

DOGORDE do 25 de outubro de 2022 pola que se autoriza, con carácter experimental, un proxecto inclusivo para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

O obxecto da presente orde é autorizar, con carácter experimental, a realización dun proxecto inclusivo para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais aos estudos elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coru- ña, a partir do curso académico 2022/23.

Este proxecto terá o carácter de innovación educativa para os efectos de recoñece- mento do profesorado participante nel polo número de horas dedicadas a esta función, de acordo coa lexislación vixente.