Concurso de méritos para estabilización de persoal interino


28 Out, 2022

DOGORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

  •  Acreditar o coñecemento do galego e as persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido no parágrafo anterior poderán ser admitidas condicionalmente no concurso de méritos e deberán realizar unha proba eliminatoria.
  • Todas as condicións e requisitos de participación relacionados nesta base deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se deberá cubrir na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, www.edu.xunta.gal/oposicions
  • Códigos pagamentos taxas:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: código 07

Delegación de servizos centrais: código 13

Servicio de Secretaría Xeral: código 01

Taxa denominación: inscrición nos procesos de selección de persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma: código 300302

  • Os importes da taxa serán os seguintes: 

– Corpo de Profesores de ensino secundario, Profesores de escolas oficiais de idiomas, Catedráticos de música e artes escénicas, Profesores de música e artes escénicas, Profesores de artes plásticas e deseño: 44,17 €

– Profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, Mestres de taller de artes plásticas e deseño, Mestres: 38,02 €