Programa de formación - “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”


26 Out, 2022

WEB - Programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

Resolución do 26 de outubro de 2022

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será dende o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo e ata o día 27 de novembro de 2022.
As persoas directoras dos centros interesados en participar nesta convocatoria deberán facer a súa preinscrición, a través da aplicación informática Fprofe (https://www.edu.xunta.gal/fprofe/)

Segundo o establecido no artigo 37 da Orde de 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa recoñecerá a participación activa e satisfactoria no programa como actividade de formación, cunha equivalencia de 20 horas para a primeira fase e de 30 horas de formación para cada unha das seguintes fases.