ANPE presenta un decálogo de convivencia



WEB - ANPE presenta o decálogo de convivencia a través do seu servizo de "O defensor do profesor"

En prol dunha axeitada saúde emocional e un bo rendemento profesional, o Defensor do Profesor de ANPE presenta este decálogo de convivencia con pautas claras e sinxelas para que o ambiente de traballo nos centros educativos sexa o mellor posible.

Desde o servizo do Defensor do Profesor de ANPE, seguimos comprometidos a seguir traballando en apoio aos docentes, e para iso, vemos indispensable que haxa un bo ambiente de traballo entre compañeiros/as na que o respecto, a tolerancia e a empatía sexan as bases nas que se soportan as relacións entre os membros do claustro e toda a comunidade educativa.

ANPE lanza esta nova campaña, na que con 10 indicacións tenta mellorar o día a día dos docentes e evitar que se chegue a situacións de estrés que prexudiquen negativamente o quefacer diario dos profesionais do ensino.

ANPE e o servizo do Defensor do Profesor sempre comprometidos con dar apoio e asesoramento aos docentes, así como a súa intención de mellorar a súa consideración social, facer chegar á opinión pública o día a día dos centros educativos e poñer á Educación e aos seus profesionais no papel que realmente se merecen.