Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todo o alumnado menor de 16 anos, inicialmente destinado a persoas
que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital.
Dentro de Alerta Escolar vaise crear un novo Programa co código “AGARIMO” que comprenderá un rexistro de casos de risco suicida e incluirá os informes dos profesionais de saúde mental con recomendacións de actuación en caso de urxencia.