Resolución definitiva do programa Radio na Biblio


30 Nov, 2022

WEBResolución definitiva do programa Radio na Biblio 

1 mes para recurso de alzada ante o titular da consellería de cultura e educación.

10/11/22 - Resolución provisional do programa Radio na Biblio

5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias ante a presidencia da comisión. As reclamacións ou renuncias dirixiranse á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A) que se deberá identificar coa denominación “Radio na Biblio”.

 

11/10/22 - Convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do proxecto “Radio na biblio”, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros que matriculan alumnado de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2022/2023.

Os centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares interesados en participar nesta iniciativa deberán presentar a súa solicitude, a través da persoa responsable da dirección do centro, no enderezo:https://edu.xunta.gal/programasbibliotecas/