WEB - No Día Mundial do Docente, ANPE quere facer unha homenaxe a todos os docentes, a través da campaña “Grazas Heroes”, polo gran labor que realizaron nestes cursos afectados pola pandemia.
>> Mira este video:
En marzo de 2020, a enfermidade do coronavirus cambiou a nosa forma de ensinar e de aprender. Comezaban os cursos máis complicados aos que os docentes nos iamos enfrontar.
Nesta época de incerteza e sen directrices concisas, tivemos “o poder” de reinventar o noso labor docente tras o peche dos centros educativos. Multiplicamos as nosas xornadas laborais para chegar a todos os alumnos e alumnas e que naide quedase atrás. Pasaron os meses, e recuperouse o ensino presencial, mentres se mantiñan as restricións para o resto da sociedade. Comezaba outro curso incerto, con protocolos sanitarios cambiantes e onde se sucedían os confinamentos de aulas. E aínda así, garantimos a actividade lectiva para que os alumnos poideran seguir o proceso formativo. Tivemos “o poder” de crear contornas escolares seguros, e enfrontarnos á adversidade coa axuda do alumnado e das familias.
Desde ANPE poñemos en valor a figura dos docentes. Son a pedra angular que suma a alumnos e alumnas, familias e sociedade.
Os mestr@s e profesor@s non só reinventan o futuro, tamén lideran o presente.
Grazas pola profesionalidade, vocación, valentía, esforzo e dedicación. Grazas Heroes!