Os centros e persoas coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as personas interesadas, aínda que en anos anteriores estivesen acreditados na aplicación Xade, seguindo o itinerario: «Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro», onde existirán dúas opcións: «Coordinador prácticum máster profesorado» e «Voluntario para titorizar prácticum máster profesorado».
Ademais, a persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos, ou da secretaría asinarán e remitirán ao correo formacion.fprofe@edu.xunta.es, unha listaxe coas persoas que participan, que poderán obter directamente da aplicación Xade.
O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles