Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización de formación profesional deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesa- das na aplicación Xade seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <<Voluntario para titorizar prácticum curso especialización FP>>.
Ademais, a persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou da secretaría asinará e remitirá ao enderezo formacion.fprofe@ edu.xunta.es unha listaxe coas persoas que participan, que poderán obter directamente da aplicación Xade.
O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de quince (15) días hábiles. Nese momento pecharase a aplicación Xade, e a partir desta data non se poderán introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela