Relación definitiva de admitidos e excluidos de listas de catedráticos de música


05 Out, 2022

WEB - Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593).

Resolución do 4 de outubro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A

Resolución definitiva do 4 de outubro de 2022

Baremo definitivo

Listaxe definitiva de persoas excluídas