Eleccións Sindicais - permisos para o persoal docente


29 Set, 2022

DOG - ORDE do 20 de setembro de 2022 pola que se regulan os permisos ao funcionariado dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccions sindicais ás xuntas de persoal dos funcionarios docentes dos centros educativos non universitarios do ámbito de xestión desta consellería.

- As persoas designadas titulares e suplentes das mesas electorais terán dereito a permisos polo tempo indispensable para asistir ás xuntanzas para a constitución da mesa electoral. Así mesmo, quen forme parte dunha mesa electoral durante o día da votación disporá dun permiso retribuído de xornada completa ese día e dunha redución de cinco horas na súa xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

- Os membros das mesas coordinadoras provinciais terán permiso retribuído para exercer as súas funcións como tales durante o proceso electoral, desde o 30.9.2022 ao 22.12.2022, ambos incluídos.

- Os apoderados e interventores que designen as candidaturas, se é o caso, terán permiso durante todo o día da votación.

- Os electores en xeral terán permiso polo tempo indispensable para exercer o seu dereito ao voto.