Docentes - Apertura de prazo para solicitar RECOÑECEMENTO MÉDICO


20 Set, 2022

WEBInstrucións para inscribirse no Recoñecemento Médico 2022/2023 para persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo

Prazo de inscrición xeral: vinte (20) días naturais (ata o 10 de outubro) a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.   Precisións dos prazos de inscrición

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

>> IMPORTANTE:

  1. Hai dous tipos de recoñecemento médico: xeral (analítica, recollida de mostras e revisión médica) ou xeral + específico (xinecolóxico para mulleres e control próstata para homes)
  2. Unha vez elexida a modalidade XA NON PODERÁS CAMBIALA.
  3. So se permiten cambios de provincia, concello, centro, data e hora e por unha única vez.
  4. Se anulas a cita, perderás o dereito a facela neste curso.

​Para calquera aclaración podes contactar con ANPE sindicato independente e te axudaremos!