CADP 2022 - Resolución definitiva adxudicación de destinos provisionais


22 Ago, 2022

DOG - RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2022/23 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (código de procedemento ED002B).

Os nomeamentos serán remitidos ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, electronicamente no trámite activado para o efecto no procedemento ED002B, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, que sexa competente, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado