Resolución adxudicación definitiva (pendente publicación DOG)
Adxudicación definitiva alfabética (Primaria)
Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (Primaria)
Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado
Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o código de procedemento ED002B e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.