Fondo de Acción Social (FAS)- resolución provisional de axudas


19 Xul, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Contra a resolución provisional dos expedientes os/as interesados/as poderán presentar reclamación e, de ser o caso, emendar os defectos causantes da exclusión provisional, no prazo de dez días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións e achegas de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, no Edificio Administrativo San Caetano, nº 1, 2º andar, 15770 Santiago de Compostela.

LIGAZÓN para acceder ás consultas