Participación na Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP


18 Xul, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros que participarán na Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23 e se ditan instrucións para o seu funcionamento no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A dirección de cada centro educativo proporalle á Dirección Xeral de Formación Profesional unha persoa de entre o profesorado do centro que, con carácter xeral, teña destino definitivo, para o desenvolvemento das funcións de responsable da dinamización da relación con empresas.

 A persoa responsable da dinamización da relación con empresas terá dedicación completa e exclusiva para o desenvolvemento das súas funcións.

As solicitudes e a documentación indicada no punto anterior presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A). Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico sopre@edu.xunta.gal, segundo os prazos establecidos.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución e rematará o día 29 de xullo de 2022.