As persoas interesadas poderán formular reclamacións e renuncias no prazo de tres (3) días hábiles desde a publicación desta resolución no portal educativo (desde o día 15 de xullo ata o día 19 de xullo de 2022, ambos incluídos).
Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Adxudicación provisional (Anexo I)
Relación de persoas excluídas (Anexo III)
As reclamacións e renuncias formularanse preferentemente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, a través do procedemento PR004A.
O formulario da solicitude xenérica PR004A debe cubrirse do seguinte xeito:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN ou Renuncia (segundo proceda) á RESOLUCIÓN DO 14 DE XULLO DE 2022.
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Todas as reclamacións e/ou renuncias deberán enviarse ademais o correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.gal. O envío deste correo electrónico non substitúe en ningún caso a obrigada presentación por rexistro electrónico ou presencial da reclamación e/ou renuncia.