Á consellería tivo que ELIMINAR de dita resolución "os centros docentes realizarán, antes do día 15 de xullo de 2022 un claustro extraordinario () A dito claustro será convocado o profesorado que vaia prestar servizos no centro con destino definitivo no curso 2022-2023" ante a advertencia de ANPE de que non se pode convocar un órgano colexiado, como é un Claustro, e tomar decisións con persoas que non forman parte do mesmo nese momento con toda a inseguridade xurídica que iso pode xerar. Entendíamos que o Claustro de distribución de horarios debe facerse cando estea nomeado TODO O PROFESORADO DO CENTRO.
Os departamentos de orientación reforzarán as actuacións dirixidas á identificación das necesidades educativas en coordinación coas persoas titoras, as medidas e os programas para a atención destas, así como as accións dirixidas ao coidado do benestar da comunidade educativa. Estas medidas e accións concretaranse no Plan de orientación académica e profesional, no Plan de acción titorial, na concreción anual do Plan xeral de atención á diversidade e na Programación xeral anual.
Artigo 41. Programacións didácticas
O acceso á dita aplicación informática de nome «Proens» realizarase a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/proens
Disposición adicional quinta. Elección de horarios nos centros de educación secundaria.