Extracto de Rogos e Preguntas
- Demandamos a retirada das Instrucións publicadas a semana pasada xa que seguimos dubidando da legalidade do recollido nas mesmas. ANPE Galicia non vai permitir a celebración dun Claustro nas condicións recollidas en ditas instrucións.
- É necesario abordar a redución da burocracia, a redución do horario lectivo do profesorado e a redución das rateos. Somos a única Comunidade do Estado que non está negociando ningunha mellora nas condicións de traballo do profesorado.
- Deben recuperarse os contratos de verán para os interinos e substitutos que traballen máis de 5,5 meses xa que ademais, tendo en conta os procesos de estabilización, o profesorado galego vese prexudicado dobremente con respecto a outro profesorado xa que perde 20 meses de valoración en 10 anos.
- Debe mellorarse a cobertura de substitucións para o vindeiro curso. Para iso debe aumentarse a dotación do persoal na Administración central para que se poidan facer os chamamentos en tempo e forma e evitar os momentos de caos que houbo no curso actual.
- ANPE alerta sobre a situación das listas nas que se permitiu acceder sen o requisito do Máster. A Administración xa abriu listas novas onde xa volvía a ser requisito (pese a non estar declarado oficialmente o fin da pandemia) co cal están convivindo dous sistemas diferentes o que vai a xerar problemas xurídicos. Cremos que é necesaria unha reunión específica da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos para abordar esta situación.
- Insistimos en que debe darse flexibilidade na prórroga do mantemento dos libros de texto tendo en conta que nin sequera están publicados os novos currículos.
- Demandamos a restitución da orde de reintegros por asistencia a actividades de formación e a actualización da indemnización de desprazamento por razóns de servizo.
- Demandamos que se fagan canto antes, probas da aplicación para a elaboración das programacións.
- ANPE Galicia demanda que no CADP os funcionarios de carreira dos CMUS teñan preferencia para todas as prazas nos conservatorios superiores por diante do colectivo interino que figura en listas sen cumprir os requisitos que o propio xuíz declarou imprescindibles.
07/06/22 - Convocatoria de Mesa Sectorial para o 14 de xuño ca RESOLUCIÓN do __ de xuño de 2022 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2022/23 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión. Calquera aportación será benvida ao noso correo electrónico galicia@anpe.es