Mediante a Orde do 30 de novembro de 2021 anúnciase a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento PL500A) (DOG núm. 249, do 29 de decembro).
Unha vez publicada a proposta provisional de adxudicación e revisadas as reclamacións presentadas, por proposta do secretario xeral de Política Lingüística, concédense as axudas nos termos que figuran como anexo a esta resolución, así como a relación de centros excluídos, coa indicación das causas que determinaron a súa exclusión.